CENTRO OCEANOGRÁFICO
A Coruña
Buscamos unha atmosfera adecuada para traballar, concentrarse, relacionarse e descansar. O obxectivo era recuperar a alma do oceanográfico e que o patio volva ser o corazón do edificio, rodeado por 5 piares sobre os que se apoia o paraboloide hiperbólico de 15x15m.
Na cuberta, os reflexos da auga darán lixeireza a unha pesada estrutura de grandes dimensións. Desde a entrada, a madeira convídanos o despacho do investigador. A escaleira de madeira apoiada sobre unha laxa de formigón únese ao resto e convídanos a subir cara á calidez dos despachos. Todas as instalacións permiten a flexibilidade do edificio, para admitir calquera cambio de uso nunha tecnoloxía que cambia constantemente.
Esperamos que cada persoa que traballe aquí goce en todo momento deste lugar e queira volver á mañá seguinte para dar outro paso adiante na ciencia.