Partindo da funcionalidade máxima na arquitectura, o noso labor é moi sinxelo: proxectar pensando en que vai sentir o usuario con cada un dos seus cinco sentidos para conseguir que a experiencia arquitectónica buscada sexa única.

Somos arquitectos e cremos nunha forma de traballo interdisciplinar na que a suma de coñecementos complementarios é maior á suma das súas partes. Arquitectos, urbanistas, enxeñeiros, artistas… Xuntos para conseguir un fin común: a mellor arquitectura.

A maior parte da arquitectura está pensada só para ser vista, pero a arquitectura debe está concibida para ser sentida coa nosa pel, debemos buscar unha atmosfera determinada, unha alma para cada proxecto, para cada cliente e perseguir ese obxectivo ata o límite que nos permita cada detalle.

Quen somos:

  • Carlos Graña
  • Guillermo Pomar Blanco

  • Pablo Agulla Santos
  • Carmen Rodríguez Villar
  • Antía Martínez Méndez
  • Diego Díaz Gómez
  • Mercedes Hermida Feal

Colaboraron connosco:

  • Laura Núñez Leone
  • Rebeca Nuevo Mayán
  • Dámaris Sánchez Domínguez
  • Beatriz Sierra Romero
  • Sarai Cancela Cundíns
  • Javier Blasco Robaina
  • Cruz Calleja Perucho
  • Iago Otero Regueira
  • Eric Domínguez Díaz
  • Raquel Figueroa González
  • Alejandro García López
  • Roi Hernández Zas
  • Silvia Negreira Aboy
  • Mónica Lourido Vázquez
  • Teresa García Vega
  • Lucía Caso Onzaín
  • Montserrat Pardiño Ben
  • Ángela San Dimas Quindós
  • Jacobo González Varela

Carlos Graña

Arquitecto pola Universidade da Coruña e Stuttgart. Despois de traballar nos EEUU, Alemaña e en varios estudos en España e colaborar en India con Balkrishna Doshi, gañador do premio Pritzker de arquitectura 2018, funda o estudo SEA na Coruña combinando o desenvolvemento de proxectos coa docencia de arquitectura. Actualmente, doutorando en arquitectura suíza.



Guillermo Pomar

Guillermo Pomar, arquitecto pola ETSAC, asóciase a SEA Arquitectos despois de traballar en Olot con RCR arquitectes, premio Pritzker 2017, con Vincent Van Duysen en Anveres e con David Chipperfield Architects, premio Pritzker de arquitectura 2023.

Este sitio web utiliza cookies para asegurarte la mejor experiencia de usuario posible. Leer más

Aceptar cookies