Volver

EDIFICIO ADMINISTRATIVO SAN CAETANO


EDIFICIO ADMINISTRATIVO SAN CAETANO










EDIFICIO ADMINISTRATIVO SAN CAETANO
Santiago de Compostela

O obxectivo é crear un edificio que represente ás institucións que serven á cidadanía e que permita crear zonas cómodas de traballo para os seus usuarios. A verticalidade do conxunto dará ese carácter forte e unitario que representa os poderes da democracia e represéntanos como sociedade.

A proposta potencia a relación do edificio coa súa contorna máis inmediata. Como actuación previa, a demolición do hangar de autobuses e do edificio do parque de bombeiros. Posteriormente, a rehabilitación do edificio existente da estación de autobuses e a construción de catro módulos de oficinas. Situamos unha gardería para 75 nenos no sur-sueste do edificio, cun acceso agradable pero protexido. O arquivo e o aparcadoiro sitúanse baixo os módulos con patios para iluminalos e ventilarlos. Sobre eles créase un espazo baleiro cunha zona verde entre o edificio antigo e os novos.