Volver

REHABILITACIÓN MX


REHABILITACIÓN MX









REHABILITACIÓN MX
Ferrol

Trátase dunha rehabilitación integral de edificio entre medianeiras obra de Rodolfo Ucha Piñeiro do século XIX. Atópase situado en cálea María no barrio racionalista da Madalena de Ferrol.

Do mesmo xeito que as antigas vivendas de parcela gótica, a planta baixa ten un uso profesional por parte do novo matrimonio. As tres plantas superiores son a vivenda. A planta primeira é a zona de noite mentres que os dous superiores son a zona de día. Nelas mestúranse en planta e sección os usos de cociña, comedor, salón e zona de xogos dos nenos nun espazo o máis aberto posible. A intención é fomentar ao máximo o contacto entre os membros da familia nuns tempos nos que temos a responsabilidade de fortalecer estas relacións.

O aspecto da fachada mantense na súa totalidade intentando homoxeneizala e tanto as carpinterías como a ferraxaría mantéñense segundo normativa. A galería mantén o seu uso e serve de illamento térmico e acústico.

Conservamos a estrutura existente ao máximo e convértese en protagonista da obra. Conseguimos recuperar a madeira de castiñeiro das vigas e tamén na preciosa escaleira. O tratamento de aceite nas madeiras novas e antigas dá un aspecto moi táctil a toda a obra. A pátina aparecerá en todos estes elementos achegándose os tons entre as partes novas e antigas da obra. Creamos ocos no trasdosado de cartón xeso para poder expoñer a pedra e o ladrillo, así mostramos a historia do edificio durante a súa evolución e crecemento ao longo do tempo.