Volver

CASA DEL BOSQUE


CASA DEL BOSQUE









CASA DEL BOSQUE
Oleiros

O que define este lugar son os carballos que xeran unha incrible atmosfera que ningunha arquitectura podería crear. Por iso asumimos a responsabilidade de manter todas as árbores que fose posible. A casa debe de pertencer ao bosque e, por tanto, esa arquitectura debe de ser algo case arcaico, atemporal.

Créase unha secuencia de espazos de vida nos que os límites entre o interior e o exterior son deliberadamente difusos.

A luz do sol fíltrase a través das follas que despois caen no outono e permitirán o paso da calor no inverno. Os patios traen as cores cambiantes das estacións ao interior da vivenda. O espazo interior prolóngase a través dos voladizos da cuberta que nos protexen do sol e o bosque penetra na vivenda a través dos carballos que abren un baleiro á pesada laxa de formigón de cuberta estendendo o espazo interior cara ao exterior. Os espazos de noite son lugares máis introvertidos e nos que os ocos ao exterior están máis controlados.

A arquitectura da vivenda dáche unha sensación de protección e de fogar e, á vez, sentes que estás dentro dun bosque que che rodea e do que formas parte.