CASA ÁRBOL
Lugo
A vivenda está situada mirando desde o alto da ladeira sur da ribeira do río Miño.
A estrutura principal da vivenda é, á súa vez, a cheminea da vivenda que ten uso nas tres plantas e á súa vez serve de elemento de comunicación vertical dos espazos que se unen a través da luz cenital que atravesa a vivenda da mesma maneira que pasa na natureza.
O conxunto divídese en tres plantas que expoñen os tres usos que ten. A planta baixa é a zona de día que está completamente aberta e os seus límites interior-exterior non existen. Na zona de noite, na planta máis alta, o espazo é máis tímido e pechado ao exterior aínda a pesar de ser un miradoiro cara ao río. Por último, a planta -1 busca unha relación natural coa auga case coma se estivésemos nunha cova que se abre á natureza, podendo gozar deste espazo todo o ano.
Queremos que vivir nesta vivenda sexa da forma máis natural posible creando un volume protexido que case flota no aire como o fan as ramas dunha árbore.