Volver

PLAZA DE ARMAS


PLAZA DE ARMAS






PLAZA DE ARMAS, Ferrol
Ferrol

Concurso. Terceiro Premio.

QuerÍamos converter este lugar nun espazo de referencia na cidade, recuperar a súa orixe como lugar de encontro e de relación para a cidadanía nun espazo de consenso no que se representen os poderes da democracia desde a monumentalidade. Buscamos a combinación da natureza para conseguir crear un ambiente agradable, cómodo, de benestar e tranquilidade. Ferrol para as persoas, é o obxectivo.

Coa peonalización das tres cales contiguas poténciase o carácter unitario do espazo que se converte nun todo. Existe unha zona de auga que xera unha pequena lámina de 2 cm. Esta lámina exponse de forma que, parando a subministración de auga, pódese gañar esa superficie como unha praza dura e utilizala para calquera uso.

A iluminación consegue maximizar o número de puntos de luz e minimizar o número de apoios permitindo unha zona para gozar da praza en calquera momento do día.

Estamos a crear lugares que fomentan a relación entre persoas, lugares nos que sentar ao sol ou á sombra, lugares que devolvan a praza á cidadanía.