Volver

HOTEL PANTÍN


HOTEL PANTÍN









HOTEL PANTÍN
Pantín

Un hotel pensado como unha sucesión de sensacións e contrastes que fan sentir ao visitante. O hotel ábrese ao sol, ao mar e ás vistas. O hotel está semienterrado para que non sexa unha ferida na paisaxe senón que forme parte del cuns volumes de madeira que emerxen da terra buscando o sol

Unha praza-punto de reunión é á vez entrada á praia, praza e entrada ao restaurante. Os distintos usuarios poderán atopar o seu espazo no hotel e tamén nesta praza. A habitación é o punto fundamental do proxecto onde se establecen dúas zonas diferenciadas: unha vinculada ao exterior cunha altura superior e outra elevada sobre a primeira onde estará a cama e sentirémonos protexidos.

A orientación sueste permitiranos que o sol nos esperte polas mañás e anímenos a gozar dun almorzo e un paseo pola praia que está aos pés do proxecto. A madeira elixida é de carballo de bosques autóctonos e forma parte integrante de case todos os elementos do proxecto, buscando un carácter o máis doméstico posible.

Hotel. Mar. Sol. Iso é o proxecto.