Volver

CASA HUTMANN


CASA HUTMANN





















CASA HUTMANN
A Coruña

Atopámonos nun lugar bastante illado ao final dunha tranquila rúa na localidade de Feáns, A Coruña. É un límite de edificación polo que a contorna da vivenda é fundamentalmente arborizado e con vistas á cidade.

A casa ábrese cunha mirada enmarcada cara á paisaxe urbana de Coruña, pero fundamentalmente ao sol e á natureza. O límite interior-exterior resólvese de forma gradual a través de baleirados no volume. Creamos un filtro de muros que xeran desde a zona de día un espazo previo ao exterior e facilita unha atmosfera máis íntima para o habitante.

A casa é masiva, atemporal e contida. Buscamos unha clara sensación de protección aos habitantes cun material que se enfronta ao exterior e contrasta co cálido interior.

A materialidade dos muros continúa en toda a cuberta creando un volume cuxa textura vai suavizándose progresivamente cara ao interior cun matiz no formigón case téxtil. Parécenos moi interesante ver a natureza do material, mostrar a súa composición como o faría cada dovela dun arco. Este formigón ten áridos escuros con matices verdes e brancos que tentan xerar unha relación coa contorna natural, así como darlle unha escala máis humana ao conxunto. O tempo fará envellecer á casa e daralle unha pátina similar ás casas tradicionais de pedra.

Dentro da protección que produce esta arquitectura tan primitiva, buscamos outras sensacións básicas e agradables no ser humano como a luz que nos cae dende arriba á zona de día. A luz cenital marca a intersección dos eixos cardo-decumano da casa. Este punto divide a vivenda entre as distintas zonas de privacidade e recibe iluminación dende todas as orientacións. Queremos crear un espazo íntimo e así mesmo un espazo exterior.