CASA DEL SOL
Narón
O sol espértanos polas mañás e acompáñanos durante todo o día. Os dormitorios ábrense ao sol do leste para que a luz axúdenos a empezar o día. O salón e a cociña están orientados ao sur para que teñan luz durante todo o día. Toda esta vivenda vive do sol e da súa relación co exterior.
A calidez da madeira foi un punto crave do proxecto. Queremos que os ocupantes da casa emociónense e gocen co sol, gozar da visión e o tacto da madeira, queremos que o cheiro desta encha a casa e que cada espazo estea deseñado para crear a emoción adecuada a cada momento.
Pensáronse todas as opcións para a función de cada oco e abrirse así máis ou menos ao exterior buscando sempre o grao de intimidade, apertura, iluminación e de protección que cada espazo require, xa sexa un raio de luz na tarde que ilumine o salón ou os ocos verticais e minúsculos que se abren á rúa dándonos ventilación, iluminación e privacidade simultaneamente. A cheminea, aberta ao salón e tamén ao comedor ocupa o centro da casa. A cuberta construída en estrutura de madeira laminada e con materiais transpirables que vivimos e trouxemos desde Suíza, permite que a casa respire sen case abrir as xanelas. O avanzado sistema de aerotermia evítanos a instalación de placas solares e ofrece un rendemento enerxético aínda maior que o destas.